O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.
Na xornada de hoxe imos achegarnos ao tema do galego na empresa. Para
iso imos ver unha primeira pílula informativa e despois a tarefa
asociada ao seu contido.
Parabéns ao profe de Economía Javier Benito Torres por coordinalo e a Clara Bascoy, Alba Fernández, Sara López, Alicia Novoa, Jaime Pazos, Noelia Seijas Regueira, Iván Sixto, Ángel Varela e Marina Vidal por levalo a cabo.
O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.
Neste vídeo, partindo da primeira folga feminista o 8 de marzo de
2018, realízase un minidocumental que dá conta da historia da presenza
da muller galega nas artes plásticas, na literatura e na música. De
seguro vas ver moitos nomes xa coñecidos ao carón doutros de mulleres
que fixeron un gran labor pola nosa cultura e que porén non están a
recibir a honra que merecen.
Deseguido tedes unha pequena pílula informativa de sociolingüística sobre a linguaxe sexista.
Por último queremos propoñervos a realización dun Pasagalego sobre feminismo. A ver quen de vós coñece mellor o léxico feminista.
Comezou o proxecto 21 días co galego e máis. Aquí está o noso vídeo de presentación. Graciñas a toda a comunidade educativa que colaborou na súa gravación. https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/