xoves, 28 de febreiro de 2019

VISITA DE ARACELI GONDA

Noutra edición do Curruncho das escritoras, o noso alumnado de 1º-2º Bach tivo a ocasión de mergullarse no mundo do cine e a televisión da man de Araceli Gonda, xornalista, escritora e guionista de series como Padre Casares ou Serramoura e de películas como 18 comidas. Foi moi interesante comprobar o descoñecida que é en realidade a tarefa de escribir un guión e resultou moi amena. 
Descargar fotos

martes, 26 de febreiro de 2019

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Hoxe no Curruncho das escritoras, a rapazada de 2º ESO puido coñecer a Ledicia Costas, autora da obra Unha estrela no vento, que, por certo, len con moito gusto. Foi unha sesión moi amena na que aprenderon un montón de curiosidades. Grazas por vir, Ledicia.

sábado, 23 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

De todos os proxectos que levamos a cabo, sen dúbida, este é un dos que máis emocionou. Para conmemorar o Día de Rosalía, decidimos tirar proveito da diversidade cultural coa que temos a sorte de contar no centro. Cremos que este vídeo serve para pór de relevo dous feitos importantes: Rosalía de Castro é universal e todas as linguas son fermosas. Agardamos que vos guste.
Nós Televisión tamén se fai eco da nosa iniciativa e ofrece unha pequena escolma dos poemas de Rosalía. Parabéns á nosa rapazada polo ben que o fixo!!! #DíadeRosalía
 

mércores, 20 de febreiro de 2019

VISITA DE ANA ALCOLEA

De novo na sección O curruncho das escritoras, o alumnado de 1ºESO tivo a ocasión de entrevistar Ana Alcolea, autora dun dos libros que máis lles gusta ler: El medallón perdido. E aproveitouna moi ben. 😍

venres, 15 de febreiro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAN VALENTÍN

Cupido andou facendo das súas por todos os recunchos do Pontepedriña desde o mesmo momento que as nosas Tere e Vanesa, coa axuda de Anxa (autora da foto) e Liliana, montaron o precioso photocall de San Valentín. Sumáronselle os nosos compis do CS Xestión de Vendas e rematamos co Concurso de tarxetas, que a rapazada de dinamización fixo chegar ás persoas destinatarias. Foi todo moi amoroso 😍💓🥰

martes, 12 de febreiro de 2019

PELOS NA LINGUA

Os compis do Dpto. de Lingua Galega levaron ao alumnado de 1ºBACH a ver Pelos na Lingua, obra representada pola compañía ceense Talía Teatro, definida como un espectáculo estruturado en esqueches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega. Foi todo un éxito!


venres, 8 de febreiro de 2019

11 FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Nesta nova edición, achegámonos a famosas científicas do mundo da Física da man da nosa compi do Dpto. de Física e Química, Socorro Liste. Por desgraza, aínda que as súas investigacións foron clave na ciencia actual, resultan pouco coñecidas. Agardamos que vos guste.


Para continuar coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, quixemos entrevistar brevemente as mulleres de ciencia coas que temos a sorte de contar no centro e tamén confirmamos que hai unha nova xeración de mozas dispostas a coller o relevo.

Para rematar os actos do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a nosa compañeira de Física e Química, Socorro Liste, quixo dar a oportunidade ao alumnado de 4ESO e 1BACH de coñecer a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso, líder na clasificación de impacto dos traballos científicos de investigación en ciencias da saúde en España. A súa charla resultoulles realmente interesante e instrutiva.

mércores, 6 de febreiro de 2019

O CURRUNCHO DAS ESCRITORAS. ANDREA MACEIRAS

Na sección "O curruncho das escritoras", tivemos a sorte de volver contar con Andrea Maceiras, quen fixo as delicias do alumnado de 3ºESO asinándolle os seus exemplares de Europa express, novela que lles resultou apaixonante. Graciñas de novo, Andrea. 


domingo, 3 de febreiro de 2019

21 DÍAS CO GALEGO E +. DÍA 21

E chegamos ao remate desta aventura. Durante 21 días no IES Pontepedriña deixámonos a pel para conseguir que a lingua galega brillase con luz propia. A todo o alumnado de 1º, 2, 3º, 4º ESO e 1º Bach que se esforzou por cumprir co compromiso de empregar a nosa lingua, especialmente aquel que colaborou activamente nos vídeos do centro, a todo o profesorado que se involucrou na elaboración das tarefas (Anxa, Javi, Mariló, Araceli), participou nos vídeos e cedeu tempo das súas clases, ao Departamento de Galego por dicir que si sempre, aínda que iso supuxese máis traballo do que xa teñen, ao persoal non docente que participou nas gravacións e elaborou o noso photocall (Tere e Vanesa) e ao meu compañeiro Xabi, que "cargou" comigo co peso da coordinación... GRACIÑAS!!! Aquí vos deixo esta pequena homenaxe. Así dá gusto traballar... #21dcgemais


1

venres, 1 de febreiro de 2019

TARXETAS DE SAN VALENTÍN

O ENDL do IES Pontepedriña convoca un concurso de tarxetas de San Valentín, ben feitas a man, ben dixitais. Sabemos que o amor está no aire, como di a canción, por iso animamos á rapazada a amosar os seus sentimentos. Agardamos con ansia as vosas creacións! 😍💑👩‍❤️‍👩👨‍❤️‍👨💘💝💗💞💓



21 DÍAS CO GALEGO E +. XOIAS

21 días co galego e + fai que o alumnado se converta en verdadeiros chef. Velaquí as mozas de 1º Bach Uxia Segade Garcia, Noelia Seijas Regueira e Marina Vidal Míguez innovando unha receita tradicional. Bo proveito! #21dcgemais
  
#21dcgemais está a provocar a aparición de verdadeiras xoias. Desta volta, na tarefa 2 pedíaselle ao alumnado que fixese a súa propia versión dun fragmento dunha obra literaria. Gustoulles moito Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales e velaquí as xoias das que vos falaba: o primeiro vídeo foi elaborado por Sofía Silva, Artur Vázquez e Aarón Vilariño. O segundo, polas xa famosas chef Noelia Seijas Regueira, Uxia Segade Garcia e Marina Vidal (1º Bach.) Seguro que vos gustan tanto coma a nós!
  
#21dcgemais A tarefa 6 do proxecto 21 días co galego e + pedíalle ao alumnado que interpretase algunha canción tradicional galega. Pois ben, Sabela López, Elisa Lorenzo, Rosario Martínez e Matías Munín ofrécennos unha versión ben xeitosa da peza "O gato metido nun saco". Talentazo!!!
 

 #21dcgemais A tarefa 7 do proxecto 21 días co galego e + pedíalle ao alumnado a escenificación dun fragmento literario. As nosas mozas de 2º ESO, Lola Fernández, Uxía Méndez, Andrea Piñeiro e Paula Vázquez, fixeron a súa particular versión de Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro. Xenial!!!
 
A sensibilidade e creatividade da nosa rapazada segue a sorprendernos. Marina Vidal (1º Bach) presentou este vídeo como tarefa e non podemos deixar de emocionarnos. Hai futuro!!!

O proxecto #21dcgemais segue a darnos sorpresas. Desta volta, Sofía Silva, alumna de 1º de bacharelato, achéganos a súa versión da canción "Lela", para cumprir coa tarefa 6 dedicada á música tradicional galega. Paga a pena velo!

Seguimos a degraer cousiñas do proxecto #21dcgemais. Neste caso, achegámosvos dúas versións ben xeitosas da tarefa 7 (escenificación dun fragmento literario). Manuela Pita, de 3º ESO, dálle vida a un poema de Rosalía de Castro.
Por outra banda, as irmás Marta e Carmen Vázquez, de 1º e 3º ESO respectivamente, representan un fragmento da obra Europa express, de Andrea Maceiras. Bravo!
Proxecto #21dcgemais. Velaquí Lola, Raquel e Uxía "As picheleiras" de 2ºESO, demostrando o seu bo facer na tarefa 8 sobre a música de hoxe en día. Yeah!
Na mesma liña das "picheleiras", Sofía Silva (1º BACH) achéganos a súa particular composición para a tarefa 8 sobre a música de hoxe en día do proxecto #21dcgemais. Atención á letra! Espectacular!!!