mércores, 30 de xaneiro de 2019

21 DÍAS CO GALEGO E +. DÍA 17

Día 17. O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña. Hoxe ímonos achegar ao teatro galego actual da man do autor Anton Lopo Lopo. #21dcgemais


 


 

martes, 29 de xaneiro de 2019

SANTIAGO LOPO. A ARTE DE TROBAR

No IES Pontepedriña tivemos a sorte de contar coa presenza de Santiago Lopo, quen moi amablemente contestou a todas as cuestións que lle xurdiron ao alumnado de 1ºBach tras a lectura de A arte de trobar e mesmo lles asinou os seus exemplares.


sábado, 26 de xaneiro de 2019

luns, 21 de xaneiro de 2019

21 DÍAS CO GALEGO E +. DÍA 8

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.
Na xornada de hoxe imos achegarnos ao tema do galego na empresa. Para iso imos ver unha primeira pílula informativa e despois a tarefa asociada ao seu contido.
Parabéns ao profe de Economía Javier Benito Torres por coordinalo e a Clara Bascoy, Alba Fernández, Sara López, Alicia Novoa, Jaime Pazos, Noelia Seijas Regueira, Iván Sixto, Ángel Varela e Marina Vidal por levalo a cabo.
 Tarefa 3

martes, 15 de xaneiro de 2019

21 DÍAS CO GALEGO E +. DÍA 2

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.

Neste vídeo, partindo da primeira folga feminista o 8 de marzo de 2018, realízase un minidocumental que dá conta da historia da presenza da muller galega nas artes plásticas, na literatura e na música. De seguro vas ver moitos nomes xa coñecidos ao carón doutros de mulleres que fixeron un gran labor pola nosa cultura e que porén non están a recibir a honra que merecen.
Deseguido tedes unha pequena pílula informativa de sociolingüística sobre a linguaxe sexista.
Por último queremos propoñervos a realización dun Pasagalego sobre feminismo. A ver quen de vós coñece mellor o léxico feminista.