O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.
Neste vídeo, partindo da primeira folga feminista o 8 de marzo de
2018, realízase un minidocumental que dá conta da historia da presenza
da muller galega nas artes plásticas, na literatura e na música. De
seguro vas ver moitos nomes xa coñecidos ao carón doutros de mulleres
que fixeron un gran labor pola nosa cultura e que porén non están a
recibir a honra que merecen.
Deseguido tedes unha pequena pílula informativa de sociolingüística sobre a linguaxe sexista.
Por último queremos propoñervos a realización dun Pasagalego sobre feminismo. A ver quen de vós coñece mellor o léxico feminista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario