domingo, 17 de maio de 2020
domingo, 10 de maio de 2020
venres, 27 de marzo de 2020
mércores, 30 de outubro de 2019
martes, 2 de xullo de 2019
CURSO 2018-19
Ata aquí, o curso 2018-19 no Pontepedriña que, como vedes, foi “completiño”. Graciñas ao grupo Leirabuxo por deixarnos empregar as súas cancións.
venres, 28 de xuño de 2019
VI CERTAME DE POESÍA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBARIZA DE ARTES
Andrea Sanjurjo volveuno facer!!! Acaba de gañar o primeiro premio do VI Certame de
Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes e non é a primeira vez. Que
orgullo de alumna!!!
xoves, 27 de xuño de 2019
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Un ano máis, rematamos o curso coa xa tradicional excursión. Foi un agradable reencontro. Proveitoso verán, compis!!!
sábado, 22 de xuño de 2019
FESTIVAL DE FIN DE CURSO. DESPEDIDA
E chegamos ao final. Foi un día de moitas emocións posto que se rendeu unha preciosa homenaxe ao profesorado que o vindeiro curso non estaremos neste estupendo centro. Moi poucas persoas puideron conter as bágoas. Penso que falo en nome de todas elas: GRACIÑAS POR TODO!!!
FESTIVAL DE FIN DE CURSO. TEATRO
Quen non tiveramos ocasión de ver a obra "Porteira es ti", do grupo de
teatro do centro dirixido por Fran Campos, puidemos vela representada de
novo no festival. Parabéns polo grandísimo traballo realizado, xa que
hai momentos que dan arrepíos. Paga moito a pena!!!
FESTIVAL DE FIN DE CURSO. ACTUACIÓNS
Víctor Blanco (Dpto. Música) e Antonio Rivas (Dpto. Física e Química) puxeron a nota musical, mentres que Carlos Macho e Manuel Vidal (2º ESO) fixéronnos rir coa xa tradicional imitación dos "gorrillas".
FESTIVAL DE FIN DE CURSO. EXHIBICIÓN DE CAPOEIRA
O festival de fin de curso deu para moito. Unha das actividades que máis gustou foi a exhibición de capoeira, onde Erik Nascimento "Modelo" (Iandê Modelo Compostela) nos explicou as orixes desta ancestral arte marcial afro-brasileira. Foi un pracer tervos con nós!
venres, 21 de xuño de 2019
ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE BOOKTRAILERS IES PONTEPEDRIÑA
Hoxe levouse a cabo a entrega de premios do #IIIConcursoDeBooktrailersIESPontepedriña. Foi estupendo poder contar coa presenza dos e das premiadas. Moitos parabéns!!!
xoves, 20 de xuño de 2019
CLASE MAXISTRAL DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Tivemos a fortuna de que a nosa prodixiosa e polifacética Marina Vidal
impartise unha clase maxistral sobre música tradicional galega, coa
axuda do alumno que todos os profes levariamos para a casa, Matías
Munín. Canto temos que aprender! Bravo!!! 👏👏👏
X PREMIOS ROSALÍA DE CASTRO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Ás veces, o esforzo ten premio!!! Que ilusión!!! Graciñas pola colaboración, rapazada, compis e familias.
martes, 18 de xuño de 2019
A LER!!!
O verán é tempo que se pode aproveitar para ler por pracer. A nosa compi Cristina Quintáns Ruído achega esta proposta tan interesante e variada.
21 DÍAS CO GALEGO E +, ¿Funcionou no IES Pontepedriña?
#21dcgemais
segue a darnos alegrías. Dirixida polo noso compi de Matemáticas,
Daniel Blanco, a sondaxe estatística 21 días co galego e +, ¿Funcionou
no IES Pontepedriña? levada a cabo por Xalo Cámaras, Valentín Ferotti,
Óscar González e Daniel Iglesias (1ºESO) foi finalista no IX Concurso
Incubadora de Sondaxes e Experimentos #SGAPEIO. Parabéns!!!
domingo, 16 de xuño de 2019
A BITTERSWEET FAREWELL
Velaquí estamos Marisa, Martiña, Olalla e Raquel, a metade do Dpto. de
Inglés. Faltan na foto Begoña, Christian, Jan, Mercedes e Víctor. Agora
que remata o curso, doume conta de que, a pesar de todas as dificultades
que nos fomos atopando, foi un curso estupendo. Foi incrible comprobar
como persoas que nunca traballaramos xuntas fomos quen coordinarnos tan
ben. Porén, o mellor, sen dúbida, foi a boísima relación que
establecemos, que transcendeu o meramente profesional. O vindeiro curso
cada un e unha de nós estará nun destino distinto, pero sempre nos
quedará a lembranza do Pontepedriña para sacarnos un sorriso. Graciñas,
de corazón, por un fantástico ano, compis!
venres, 14 de xuño de 2019
ABAU 2019
Tras días de moitos nervios, rematou a #abau19 e o noso bravo alumnado cumpriu ata o final, incluída a xa "famosa" proba de Filosofía. Certamente, a nosa compi Marisa Ma Tris e o seu "survival kit" contribuíron a facer a tarefa máis levadía. Agora só resta agardar e descansar, que ben o merecedes. MOITA SORTE!!!
GAÑADOR NA CATEGORÍA 16-18 ANOS. III CONCURSO DE BOOKTRAILERS IES PONTEPEDRIÑA
Chegamos ao final dos premios do #IIIConcursoDeBooktrailersIESPontepedriña. Grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística, en especial a Pura Galán e Isabel Gil Gil,
por facer posible que o concurso puidese saír dos muros do noso
instituto. Graciñas a todas e todos os participantes dos distintos
centros. Para o ano máis e mellor!!!
E agora si, o booktrailer gañador na categoría 16-18 anos corresponde á obra de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, presentado por Artur Vázquez e Aarón Vilariño - gal (IES Pontepedriña). Parabéns polo voso fantástico traballo!!!
E agora si, o booktrailer gañador na categoría 16-18 anos corresponde á obra de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, presentado por Artur Vázquez e Aarón Vilariño - gal (IES Pontepedriña). Parabéns polo voso fantástico traballo!!!
xoves, 13 de xuño de 2019
GAÑADOR NA CATEGORÍA 12-15 ANOS. III CONCURSO DE BOOKTRAILERS IES PONTEPEDRIÑA
E por fin, damos a coñecer o booktrailer gañador do #IIIConcursoDeBooktrailersIESPontepedriña na categoría 12-15 anos. Corresponde á novela de Andrea Maceiras , O que sei do silencio, presentado por David López Lapeña do IES de Foz. Noraboa!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















