venres, 27 de marzo de 2020

AGASALLAMOS?






Dende o Equipo de Normalización e Dinamización do instituto queremos convidarvos a participar na campaña “agasalla palabras”. Com isto queremos recuperar palabras da nosa lingua que se están perdendo. Gustaríanos que recollerades palabras que vos gustan moito do galego ben sexa pola súa sonoridade, polo seu significado..


As palabras poden vir escritas por vós, vosos pais, avós, debuxadas, decoradas co que teñades na casa ou ser recortadas dun xornal! Podedes soltar imaxinación e creatividade. Publicaremos as vosas palabras e á volta faremos unha exposición no instituto #euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario