Tras a exposición de mulleres no mundo da ciencia e aproveitando parte do material audiovisual desenvolvido para o proxecto #21dcgemais,
comezamos unha serie de vídeos dedicados á figura da muller en
distintos eidos, neste caso, no mundo da literatura en Galicia. #8M
A muller na arte galega
A muller na música galega
Para rematar esta serie de vídeos que pretenden reivindicar a figura da muller na sociedade, achegamos unha breve panorámica de grandes figuras no mundo do deporte cuxas xestas pasan moi desapercibidas. Seguimos en loita, compañeiras!!!
E como colofón á conmemoración do Día Internacional da Muller, tivemos a sorte de recibir á mellor futbolista do país, Verónica Boquete, quen animou ao alumnado a loitar polo que quere, deixando de lado os prexuízos. Sen dúbida, foi estupendo poder compartir con ela esta experiencia.
Velaquí as mozas do Pontepedriña loitando polo seu futuro. Que orgullo!👏👏👏👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario