venres, 1 de febreiro de 2019

21 DÍAS CO GALEGO E +. XOIAS

21 días co galego e + fai que o alumnado se converta en verdadeiros chef. Velaquí as mozas de 1º Bach Uxia Segade Garcia, Noelia Seijas Regueira e Marina Vidal Míguez innovando unha receita tradicional. Bo proveito! #21dcgemais
  
#21dcgemais está a provocar a aparición de verdadeiras xoias. Desta volta, na tarefa 2 pedíaselle ao alumnado que fixese a súa propia versión dun fragmento dunha obra literaria. Gustoulles moito Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales e velaquí as xoias das que vos falaba: o primeiro vídeo foi elaborado por Sofía Silva, Artur Vázquez e Aarón Vilariño. O segundo, polas xa famosas chef Noelia Seijas Regueira, Uxia Segade Garcia e Marina Vidal (1º Bach.) Seguro que vos gustan tanto coma a nós!
  
#21dcgemais A tarefa 6 do proxecto 21 días co galego e + pedíalle ao alumnado que interpretase algunha canción tradicional galega. Pois ben, Sabela López, Elisa Lorenzo, Rosario Martínez e Matías Munín ofrécennos unha versión ben xeitosa da peza "O gato metido nun saco". Talentazo!!!
 

 #21dcgemais A tarefa 7 do proxecto 21 días co galego e + pedíalle ao alumnado a escenificación dun fragmento literario. As nosas mozas de 2º ESO, Lola Fernández, Uxía Méndez, Andrea Piñeiro e Paula Vázquez, fixeron a súa particular versión de Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro. Xenial!!!
 
A sensibilidade e creatividade da nosa rapazada segue a sorprendernos. Marina Vidal (1º Bach) presentou este vídeo como tarefa e non podemos deixar de emocionarnos. Hai futuro!!!

O proxecto #21dcgemais segue a darnos sorpresas. Desta volta, Sofía Silva, alumna de 1º de bacharelato, achéganos a súa versión da canción "Lela", para cumprir coa tarefa 6 dedicada á música tradicional galega. Paga a pena velo!

Seguimos a degraer cousiñas do proxecto #21dcgemais. Neste caso, achegámosvos dúas versións ben xeitosas da tarefa 7 (escenificación dun fragmento literario). Manuela Pita, de 3º ESO, dálle vida a un poema de Rosalía de Castro.
Por outra banda, as irmás Marta e Carmen Vázquez, de 1º e 3º ESO respectivamente, representan un fragmento da obra Europa express, de Andrea Maceiras. Bravo!
Proxecto #21dcgemais. Velaquí Lola, Raquel e Uxía "As picheleiras" de 2ºESO, demostrando o seu bo facer na tarefa 8 sobre a música de hoxe en día. Yeah!
Na mesma liña das "picheleiras", Sofía Silva (1º BACH) achéganos a súa particular composición para a tarefa 8 sobre a música de hoxe en día do proxecto #21dcgemais. Atención á letra! Espectacular!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario