O ENDL do IES Pontepedriña convoca o II Concurso de Booktrailers, isto é, vídeos de promoción de libros de lectura, co fin de promover a lectura de libros en galego, o uso da lingua galega en relación coas TIC e a creatividade do alumnado. A convocatoria e a resolución deste concurso rexerase polas seguintes bases:
1) O
obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos
audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística e promover
a lectura como entretemento entre a mocidade.
2) Poderá concursar todo o alumnado matriculado no instituto neste curso escolar 2017-18.
3) Cada alumno ou alumna poderá presentar un máximo de 3 creacións inéditas.
4) Os
booktrailers terán como finalidade promocionar calquera libro de
lectura escrito en galego (tamén poden ser traducións) dos fondos da
biblioteca do centro escolar.
5) A duración mínima é de 60 segundos e a máxima de 120 segundos.
6) Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo da biblioteca (bibliotecapontepedrinha@gmail.com). Paralelamente cubrirase unha ficha de inscrición dispoñible na biblioteca do centro.
7) O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de maio de 2018.
8) Establécense dous premios:
2º premio 50 euros
Para cada categoría de participación:
De 12 a 16 anos
De 16 anos en diante
9) Na
avaliación dos traballos terase en conta os seguintes criterios:
orixinalidade, creatividade, calidade artística e eficacia comunicativa.
10) O xurado estará formado por profesorado do instituto.
11) Os
traballos ganadores publicaranse na páxina web do instituto e nas redes
sociais e blog do ENDL. Así mesmo, proxectaranse na entrada do
instituto.
12) A
participación no concurso implica a cesión dos dereitos para difundir
os traballos presentados, no ámbito da normalización da lingua galega e
da promoción desta actividade por parte do IES.
13) A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario