venres, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO

Que Entroidazo pasamos!!! Houbo disfraces de todas as cores, comparsas ben armadas e varias actuacións. Podedes velo todo neste vídeo e descargar as fotos premendo no enlace.

xoves, 28 de febreiro de 2019

VISITA DE ARACELI GONDA

Noutra edición do Curruncho das escritoras, o noso alumnado de 1º-2º Bach tivo a ocasión de mergullarse no mundo do cine e a televisión da man de Araceli Gonda, xornalista, escritora e guionista de series como Padre Casares ou Serramoura e de películas como 18 comidas. Foi moi interesante comprobar o descoñecida que é en realidade a tarefa de escribir un guión e resultou moi amena. 
Descargar fotos

martes, 26 de febreiro de 2019

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Hoxe no Curruncho das escritoras, a rapazada de 2º ESO puido coñecer a Ledicia Costas, autora da obra Unha estrela no vento, que, por certo, len con moito gusto. Foi unha sesión moi amena na que aprenderon un montón de curiosidades. Grazas por vir, Ledicia.

sábado, 23 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

De todos os proxectos que levamos a cabo, sen dúbida, este é un dos que máis emocionou. Para conmemorar o Día de Rosalía, decidimos tirar proveito da diversidade cultural coa que temos a sorte de contar no centro. Cremos que este vídeo serve para pór de relevo dous feitos importantes: Rosalía de Castro é universal e todas as linguas son fermosas. Agardamos que vos guste.
Nós Televisión tamén se fai eco da nosa iniciativa e ofrece unha pequena escolma dos poemas de Rosalía. Parabéns á nosa rapazada polo ben que o fixo!!! #DíadeRosalía
 

mércores, 20 de febreiro de 2019

VISITA DE ANA ALCOLEA

De novo na sección O curruncho das escritoras, o alumnado de 1ºESO tivo a ocasión de entrevistar Ana Alcolea, autora dun dos libros que máis lles gusta ler: El medallón perdido. E aproveitouna moi ben. 😍

venres, 15 de febreiro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAN VALENTÍN

Cupido andou facendo das súas por todos os recunchos do Pontepedriña desde o mesmo momento que as nosas Tere e Vanesa, coa axuda de Anxa (autora da foto) e Liliana, montaron o precioso photocall de San Valentín. Sumáronselle os nosos compis do CS Xestión de Vendas e rematamos co Concurso de tarxetas, que a rapazada de dinamización fixo chegar ás persoas destinatarias. Foi todo moi amoroso 😍💓🥰