A comunidade educativa do IES Pontepedriña queremos desexarvos moi bo Nadal e mellor ano novo 2019!!!
luns, 24 de decembro de 2018
venres, 21 de decembro de 2018
NADAL NO IES PONTEPEDRIÑA
Velaquí a celebración de Nadal no IES Pontepedriña. Parabéns a Artur Vázquez e Aarón Vilariño (1º Bach) polo premio á mellor postal de ano novo dixital e a Martiña Torea, gañadora na categoría "feita a man". Por último, o alumnado pasouno moi ben da man do mago Pedro Bugarín. Xenial!
martes, 18 de decembro de 2018
PREPARANDO O NADAL
A rapazada do ENDL encheuse de espírito invernal e velaquí o resultado. Mención especial merecen as mozas de 4ESO Cristina Aldrey, Iria Febrero, Julia Feijoo, Lucía Fernández, Laura Sabel e Noa Vázquez por deseñar o abeto no que locen as postais de ano novo participantes no concurso. Así dá gusto!!!
luns, 17 de decembro de 2018
I CONCURSO DE POESÍA TORRE DE CALDALOBA
A nosa alumna Andrea Sanjurjo Martínez acaba de gañar o I Concurso de
Poesía Torre de Caldaloba de Cospeito na modalidade de menores de 18
anos. Que orgullo!!! https://www.elprogreso.es/…/xesu…/201812022048461347420.html
![]() |
|
![]() |
![]() |
venres, 30 de novembro de 2018
CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANO NOVO
Continuamos coa sección Aulas de inverno, que comezamos o curso pasado, animando ao noso alumnado a que deseñe a súa tarxeta para felicitar o ano novo. A tarxeta gañadora será a que se empregará para felicitar a toda a comunidade educativa. Podedes consultar aquí as bases:
xoves, 29 de novembro de 2018
LITERATURA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O último dos actos desenvolvidos no noso centro para sumarnos á loita contra a violencia machista foi unha exposición e un maratón de lectura. Graciñas a Carmen Navarro Ilustración por deixarnos usar unha das súas obras na portada do vídeo e a toda a comunidade educativa que colaborou con esta actividade. Agardemos que nun futuro non moi lonxano non teñamos xa que lembrar o 25 de novembro.
venres, 23 de novembro de 2018
EN LOITA CONTRA O MACHISMO
Co gallo de amosar o apoio de toda a comunidade educativa á loita contra
a violencia machista, o Dpto. de Filosofía animou o alumnado de Valores
Éticos a levar a cabo esta dramatización. Foi realmente emocionante!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




