O alumnado de 1ºESO meteuse de cheo no mundo da agricultura ecolóxica e das plantas medicinais da man de Carmela Valiño, de Milhulloa, S. Coop. Galega. Foi moi interesante!
martes, 11 de xuño de 2019
luns, 10 de xuño de 2019
III CONCURSO DE BOOKTRAILERS IES PONTEPEDRIÑA. XURADO
Tras unha ardua deliberación, o noso xurado do #IIIConcursoDeBooktrailersIESPontepedriña xa ten o seu veredicto. Graciñas a Lola Lagarón, Lois López Rico, Estela Pintos, Araceli Queiruga e Cristina Quintáns Ruído pola vosa colaboración. En breve, iremos anunciando os gañadores e gañadoras de cada categoría!
PREMIO VII CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO
Un ano máis, a nosa alumna Andrea Sanjurjo fíxose co 1º accésit no VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro organizado pola Casa de Rosalía e El Corte Inglés. Bravo pola túa creatividade e sensibilidade, Andrea!!!
sábado, 8 de xuño de 2019
FP DUAL
Velaquí representando o IES Pontepedriña, Chus Vázquez, a nosa vicedirectora, e Carmen Sosa, do Dpto. de Comercio e Márketing.
xoves, 6 de xuño de 2019
ECOSISTEMA INTERMAREAL
A nosa rapazada de 4º ESO tivo ocasión de estudar as distintas mareas coa actividade "Ecosistema intermareal", organizada polo Dpto. de Bioloxía (Nicolás Lucas). Como gozaron de bo tempo, ata puideron tomar o sol na praia!!!
martes, 4 de xuño de 2019
HOMENAXE A XABIER DO CAMPO
Os nosos rapaces e rapazas de 2ESO participaron na lectura pública na #HomenaxeXabierDocampo que se organizou na #BibliotecaÁnxelCasal. Foi toda unha experiencia!
sábado, 1 de xuño de 2019
PREMIO XXVI CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ
E seguindo coas boas novas, a nosa alumna Andrea Sanjurjo volveu gañar outro premio. Desta volta foi o XXVI Certame literario Xoán Díaz. Parabéns, moza!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




