A nosa rapazada de 1º e 2ºESO puido coñecer mellor a #AntonioFraguasFraguas dun xeito diferente co bo facer de Serafin Marcos Fernández. Non hai máis que ver as súas caras para darnos conta do ben que o pasaron. Graciñas, Serafín.
martes, 14 de maio de 2019
luns, 13 de maio de 2019
xoves, 9 de maio de 2019
FP INNOVA 2019
Acompañada polos compis Javier Benito Torres, Iago Hortas e Rosa Aldrey, a rapazada de Economía de 4ºESO, 1ºBAC e FP Básica asistiu ao Congreso #FPInnova, onde puido apreciar a innovación didáctica e tecnolóxica da FP galega.
CONFERENCIA DE JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ HERRÁN
As nosas compañeiras do Dpto. de Lingua Castelá fixeron posible que o
alumnado de 1ºBAC puidese asistir unha conferencia centrada na célebre
obra de #EmiliaPardoBazán, #LosPazosDeUlloa,
impartida polo catedrático de Literatura Española da Universidade de
Santiago, José Manuel González Herrán, ao que agradecemos a súa
presenza.
DESPEDIDA DE OLALLA
Hoxe despedimos a Olalla, a profe que chegou co ano novo pero que xa é "da casa". No Dpto. de inglés imos botar moito en falta o seu bo facer profesional e, máis aínda, a súa calidez humana. Agardamos que che vaia moi ben no teu novo destino, compañeira. Ata cando queiras!!!
sábado, 4 de maio de 2019
O PÓRTICO DA GLORIA
Que no IES Pontepedriña hai moito talento xa o sabiamos pero, unha vez
máis, Estela Pintos, coordinadora desta iniciativa, déixanos sen
palabras coa marabillosa réplica do #PórticodaGloria realizada polo alumnado de 4ºESO de Artes Plásticas. Podemos asegurar que impresiona ao vela en vivo. Bravo!!!👏👏👏
xoves, 2 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
