Co gallo de amosar o apoio de toda a comunidade educativa á loita contra
a violencia machista, o Dpto. de Filosofía animou o alumnado de Valores
Éticos a levar a cabo esta dramatización. Foi realmente emocionante!!!
venres, 23 de novembro de 2018
ENEÁLOGO CONTRA O MACHISMO
No IES Pontepedriña, quixemos que o alumnado reflexionase sobre aquelas condutas que poderían considerarse machistas, co gallo de facer un eneálogo a xeito de denuncia. Estamos máis que satisfeitxs co resultado!!!
venres, 16 de novembro de 2018
XXXI CONGRESO ENCIGA
O IES Pontepedriña vai estar representado no XXXI Congreso Enciga
nas comunicacións "O soño que nunca existiu" de Sofía Silva Carbajales
(1º Bach) [Socorro Liste López, Dpto.de Física e José Manuel Facal Díaz,
IES Lamas de Abade] e "Despois do lume: incendios forestais e
protección do solo" de Paula Alfonsín Suárez, Laura Fernández Caeiro,
Cristina Díaz González e Lois Morón Rodríguez (1º Bach) [Nicolás Lucas
Domínguez, Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía].
domingo, 4 de novembro de 2018
O CURRUNCHO DAS ESCRITORAS. ARANTZA PORTABALES.
Este curso queremos continuar a actividade que iniciamos a ano pasado
chamada O Curruncho das Escritoras. Desta volta, temos a sorte de contar
coa autora galega nada en Donostia, Arantza Portabales.
O martes 6 de novembro ás 16:30 o noso alumnado de 1º Bacharelato terá
ocasión de resolver as dúbidas que lle xurdiron ao ler Deixe a súa
mensaxe despois do sinal. De seguro será unha análise da súa obra moi
interesante.
mércores, 31 de outubro de 2018
luns, 22 de outubro de 2018
SAMAÍN 2018
O ENDL do Pontepedriña queremos animarvos a que deades renda solta á vosa creatividade, así que vos pedimos que deixedes voar a imaxinación e decoredes a vosa propia cabaza de Samaín. Estamos desexando velas!!!
luns, 15 de outubro de 2018
TEATRO
Outro curso máis, a ANPA do IES Pontepedriña, en colaboración co ENDL e baixo a coordinación da nosa compi Cristina Quintáns, promociona o Obradoiro de teatro. Se che gusta actuar ou queres unirte a un grupo de alumnado con moita creatividade, non o dubides. Todos os martes despois de xantar e antes de comezar as clases da tarde, Fran Campos axudarache a coñecer o mundo da interpretación. Apúntate!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















