Tras a primeira entrega de Enreguéifate, os mestres de regueifa Alba María e Josinho da Teixeira volveron impartir a segunda parte do obradoiro. Foi incrible como lograron que ata aqueles máis tímidos de 1º e 2º ESO se soltaran e conseguiran improvisar as rimas. Foi unha experiencia moi enriquecedora e tivemos a sorte de contar cos mellores. Graciñas Alba e Josinho polo voso bo facer. Seguro que repetiremos.
sábado, 14 de abril de 2018
sábado, 7 de abril de 2018
ENREGUÉIFATE (I)
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Onte puidemos participar nun dos obradoiros Enreguéifate que teñen como finalidade que a mocidade aprenda métodos de improvisación oral. Da man de Alba María e Josinho da Teixeira, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e FP Básica puido amosar as súas dotes para improvisar. Pasámolo de medo!
venres, 16 de marzo de 2018
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O CURRUNCHO DAS ESCRITORAS.
Que ben o pasaron os rapaces e rapazas de 1 ESO coa visita de Ledicia Costas! Fixéronlle un feixe de preguntas e de seguro que lles entraron moitas ganas de ler outras das súas obras. Graciñas por vir.😍
venres, 9 de marzo de 2018
8 MARZO. GRANDES MULLERES GALEGO DO COTIÁN
Poñémoslle agora o contrapunto ao anterior vídeo sobre o 8M con estoutro titulado "Grandes Mulleres Galegas do Cotián". Todos e cada un dos alumnos e alumnas que participan nel relataron unha historia sobre mulleres anónimas valentes e loitadoras que nos emocionaron. A loita pola igualdade de dereitos ten moito que dicir aínda. Graciñas por colaborar!!!
mércores, 7 de marzo de 2018
CHARLA DA ASOCIACIÓN VE-LA LUZ
luns, 5 de marzo de 2018
8 MARZO. GRANDES MULLERES GALEGAS NA HISTORIA
Tomando como referencia o "Álbum de Mulleres" (culturagalega.org)
quixemos sumarnos á reivindicación do 8 de marzo, Día Internacional da
Muller, con figuras femininas galegas que deixaron a súa pegada na
historia. Moitos dos nosos dereitos foron conquistados grazas a mulleres
coma elas!
sábado, 3 de marzo de 2018
VOCES DA ESCOLA (RADIO VOZ)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
