Quedamos abraiadas do moito e ben que traballou o noso alumnado de 1º e 2º da ESO. Daba gusto ver as súas caras de ilusión cando o xurado visitaba a súa aula. Se ben houbo só un gañador por categoría, 1ºR en 1º ESO e 2ºS en 2º ESO, tod@s o foron porque o fixeron realmente ben. Queremos agradecer especialmente aos titores e titoras (Esther Pereira, Conchi Seguín, Remedios Salgueiro, Susana Iglesias e Manolo Rodríguez) pola paciencia infinita que tiveron para poder levar a cabo esta actividade. Por suposto, non podemos esquecernos do noso xurado: Adrián Brey, Vanesa Frade, Sara Oca, Estela Pintos e Araceli Queiruga. Tiveron un labor realmente difícil! O ENDL temos claro que nada se pode facer sen a colaboración do alumnado, profesorado e persoal non docente e Aulas de Inverno é proba diso. Grazas, grazas e mil grazas!!!
sábado, 23 de decembro de 2017
venres, 22 de decembro de 2017
O TABOLEIRO DOS BOS DESEXOS (II)
Pois ao final logramos levar a cabo un taboleiro de bos desexos xeitoso. Fómolo enchendo coas boliñas de cores. O deseño foi idea de Chus Vázquez, a nosa Vicedirectora, e púxoa en práctica Teresa Paz, que sempre está disposta a botarnos unha man. Graciñas a tod@s @s que achegastes os vosos desexos para este ano novo. Estamos seguras de que será ventureiro!!!
domingo, 17 de decembro de 2017
O TABOLEIRO DOS BOS DESEXOS
Cando queda xa tan pouquiño para recibir o ano novo, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña pretendemos facervos reflexionar sobre aqueles desexos desinteresados que queredes que se cumpran para o ano que vén. Baixo o lema "Enchamos o 2018 de...", animádevos a poñelos por escrito nas boliñas que temos preparadas. Aparecerán expostos no taboleiro que se atopa na entrada do instituto. Quen sabe! Ao mellor a enerxía positiva que xeramos fai que nos sexan concedidos... 😋
Nós xa fixemos a nosa achega. Agardamos polas vosas!
luns, 4 de decembro de 2017
AULAS DE INVERNO
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña convoca un concurso de decoración de aulas para celebrar a chegada do inverno e a entrada do aninovo entre o alumnado de 1º e 2º de ESO.
A decoración das aulas levarase a cabo durante a última semana de clase antes das vacacións de Nadal e será de temática invernal. Así mesmo, deberán incluír felicitacións de aninovo en lingua galega. Valorarase especialmente a utilización de materiais reciclados, re-utilizados e respectuosos co medio ambiente.
Estamos desexos@s de ver os resultados!!!
xoves, 30 de novembro de 2017
VOCES DA ESCOLA (RADIO VOZ)
Na sección "Voces da Escola" do programa "Voces de Compostela" de Radio Voz en Santiago de Compostela, os nosos mozos e mozas someteron a actriz a unha exhaustiva entrevista, incidindo na súa experiencia laboral e na súa idea do feminismo.
25 DE NOVEMBRO (III)
Para rematar coas actividades que conmemoran o 25N, Chus Vázquez, vicedirectora deste centro, programou tres sesións interactivas nas que Gloria Vázquez e as súas compañeiras da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Superviventes da Violencia de Xénero e/ou Abusos) abordaron a problemática da violencia machista co noso alumnado de 3º ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. Foron moi instrutivas, polo que de seguro repetiremos experiencia.
| | |
venres, 24 de novembro de 2017
25 DE NOVEMBRO (II)
Esta semana estivemos moi atarefad@s coa preparación das actividades do 25N, pero pagou a pena. Intentamos facer a nosa pequena achega recollida neste vídeo. Agardamos que vos guste...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


