Velaquí a pequena achega do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Damos as grazas a tod@s @s que colaborastes na elaboración deste vídeo.
sábado, 24 de febreiro de 2018
mércores, 21 de febreiro de 2018
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
A nosa segunda autora dentro da sección O Curruncho das Escritoras foi
Andrea Maceiras. O alumnado de 3º ESO leu a súa novela Europa Express e
fíxolle todas aquelas preguntas que lle xurdiron tras a súa lectura.
Puidemos comprobar que é unha obra que lles gustou. Foi un pracer tela
connosco.
luns, 19 de febreiro de 2018
SORTEO "CARTAS DE SAN VALENTÍN"
Durante dúas semanas, o amor encheu o aire do IES Pontepedriña. Hoxe
levamos a cabo o sorteo da carta de amor gañadora. Parabéns á nosa
afortunada!!!
a>
venres, 16 de febreiro de 2018
SEMANA DA MULLER E NENA NA CIENCIA
Podedes ver o vídeo que resume as actividades organizadas polo ENDL, o Dpto. de de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para conmemorar o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia.
domingo, 11 de febreiro de 2018
11 FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Co gallo de celebrar este día tan sinalado, o ENDL, o Dpto. de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía traballamos xuntos para facelo visible no noso centro. Da man da nosa compañeira de Física e Química, Socorro Liste, tivemos a sorte de contar coa doutora Xoana Pintos Barral, investigadora na USC especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, quen o pasado 8 de febreiro compartiu as súas experiencias co noso alumnado de 3ºESO. Así mesmo, o seu labor vese reflectido na exposición itinerante Mulleres no Laboratorio. As Primeiras Científicas da USC.
O Vindeiro 15 de febreiro poderemos asistir á charla impartida pola doutora Jannette Rodríguez Pallares, Dpto. de Ciencias Morfolóxicas do CIMUS da USC. A conferencia está dirixida ao alumnado de 4ºESO e levará por título "De mayor quiero ser... científica", na que nos falará da súa experiencia como muller investigadora, así como das súas investigacións que se centran na enfermidade do Parkinson.
Sirva este vídeo como homenaxe a todas aquelas mulleres que grazas ao seu esforzo e tesón seguen a abandeirar a loita pola igualdade real entre homes e mulleres. Grazas compañeiras!!!
venres, 9 de febreiro de 2018
FESTIVAL DE ENTROIDO
O Entroido chegou ao noso centro e espallouse entre toda a comunidade educativa, non só entre o alumnado (preme nas imaxes para amplialas):
Volvemos contar coa colaboración de Adrián Brey, quen se animou a presentar o festival:
mércores, 7 de febreiro de 2018
UN SAC DE BILLES
Un Sac de Billes,
un saco de bólas, é o título dunha película proxectada no Cine Numax e
ambientada durante ocupación nazi en Francia. O alumnado gañador do Concurso
Aulas de Inverno, isto é, 1ºR e 2ºS, acompañado polos grupos de 3ºM e
FP Básica, puido vela o mércores 7 de febreiro na súa versión orixinal
en francés subtitulada en galego. O filme fixo que houbera quen soltara
algunha que outra bágoa e foi calificada como moi recomendable polos
nosos rapaces e rapazas.
luns, 5 de febreiro de 2018
EXPOSICIÓN DE RECEITAS DE ENTROIDO
Grazas á coordinadora desta actividade, a nosa compañeira de Lingua Galega Mariló Lagarón, contamos no centro cun recuncho no que inspirarnos á hora de celebrar o Entroido. O noso alumnado fixo un labor estupendo recollendo as receitas
dos seus pais e nais e, sobre todo, dos seus avós e avoas. Fáisenos a boca auga só de ollar as imaxes!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)