Parabéns ao grupo de teatro do IES Pontepedriña capitaneado por Fran Campos pola súa brillante actuación no XXIV Certame Intercentros coa obra "Porteira es ti". Canto talento!!!
martes, 30 de abril de 2019
ENREGUÉIFATE! 2019
Un ano máis, o IES Pontepedriña volveu participar nos obradoiros Enreguéifate
convocados polo Concello de Santiago de Compostela, cuxo obxectivo é
apoiar e difundir a regueifa como forma de improvisación oral e
contribuír á promoción do uso da lingua galega. Da man de Josinho Da Teixeira e Sara Marchena,
a rapazada de 1ºESO aprendeu a improvisar as súas propias copliñas de
temática diversa e, sobre todo, pasou un bo anaco expresándose en
galego. Se cadra alguén se anima a tomar a remuda. Longa vida á
regueifa!
VISITA A CELANOVA
Hoxe, os compis de Lingua Galega, Lola Lagarón, Emilio Otero e Iago HD, de Comercio acompañaron ao alumnado de 1ºBAC a Celanova para ir tras os pasos de Curros ou Celso Emilio Ferreiro e visitar a Fundación Curros Enríquez - Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Salvador de Celanova e Vilanova dos Infantes. Desfrutaron dun día xenial e, sobre todo, moi instrutivo.
luns, 29 de abril de 2019
DÍA DO ADN 2019
O 25 de abril celebrouse o Día do ADN 2019 #DNAday,
polo que o noso alumnado de Bioloxía asistiu á Xornada de Portas
Abertas organizada polo Centro Nacional de Genotipado, a Fundación
Pública Galega de Medicina Xenómica, o Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela e o Centro de Investigación en
Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), onde tivo ocasión de coñecer a Angel Carracedo. Non puido ser mellor aproveitada!
venres, 26 de abril de 2019
VISITA DE BERTA DÁVILA
Nunha nova edición da sección O curruncho das escritoras, a compostelá Berta Dávila volveu visitarnos por partida dobre. Por unha banda, respondeu en profundidade as preguntas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que suscitou gran debate. Por outra banda, a autora achegou a rapazada de 1ºESO un pouco máis ao poemario A Pel do Mundo, ilustrado por Alba Cid. Foi unha xornada moi intensa que, sen dúbida, serviu para promocionar a lectura en lingua galega. Graciñas, Berta.
martes, 23 de abril de 2019
23 ABRIL. DÍA DO LIBRO
Que mellor maneira de celebrar o #Día do libro que contar coa presenza dun escritor ou escritora? Pois hoxe a nosa rapazada de 2ESO puido coñecer a Héctor Cajaraville, Premio Merlín de Literatura Infantil e autor da obra A caixiña dos rancores. Foi unha sesión moi amena que rematou coa xa tradicional sinatura de exemplares.
luns, 22 de abril de 2019
III CONCURSO DE BOOKTRAILERS
O ENDL do IES Pontepedriña organiza unha vez máis un concurso de booktrailers, mais desta volta, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, poderá participar o alumnado matriculado en calquera centro educativo galego sostido con fondos públicos. Podedes acceder ás bases a través do código QR do cartel creado polos nosos mozos de 1º BACH Artur Vázquez e Aarón Vilariño, ou ben premendo aquí. Deixade fluír a vosa creatividade e participade. Estamos desexando ver as vosas creacións!
martes, 9 de abril de 2019
FIESTA, FIESTA, FIESTA!
Hoxe puidemos asistir no Teatro Principal á representación dunha
adaptación da obra Fiesta, Fiesta, Fiesta! de Lucía Miranda a cargo do
grupo de teatro do Colexio Rosalía de Castro de Moscova, dirixido por
Elena Romanov. Os actores e actrices, que se atopan realizando un
intercambio co seu IES homónimo en Santiago, pretenden describir a
realidade dun grupo de estudantes de 3º ESO nun instituto público. Moi
recomendábel!
VISITA Á ESCOLA GALEGA DO CONSUMO
O xoves pasado, o alumnado de FP Básica II participou nunha actividade moi interesante para a súa formación organizada pola Escola Galega do Consumo. Acompañouno o seu profe Iago HD.
Descargar fotos
luns, 8 de abril de 2019
MERCADIÑO SOLIDARIO
Hoxe, 2 de abril, a rapazada do CM de Actividades Comerciais organiza o mercadiño solidario na entrada do instituto. Nel atoparás roupa de segunda man, complementos, bixutaría, material informático, cadros, libros e moito máis! Estará pola mañá de 12:25 a 12:45 e, pola tarde, de 18:00 a 18:30 horas. Todo o recadado será doado ao Refuxio de Bando. #Mercapedrinha
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)