Rematamos a semana dedicada á Letras Galegas coa posta en escena de "Mª Victoria Moreno. Unha historia de amor", de Serafín Marcos.
domingo, 20 de maio de 2018
venres, 18 de maio de 2018
CONCERTO DIDÁCTICO DO CORO SON ELAS
Da man de Cristina Quintáns Ruído (Dpto. Música) o alumnado de 1ºESO, 3ºM e FP Básica puido experimentar en vivo a técnica vocal do fantástico coro Son Elas na semana das Letras Galegas. Bravo!!!
xoves, 17 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
sábado, 12 de maio de 2018
XXIII CERTAME TEATRO INTERCENTROS
Un ano máis o alumnado do IES Pontepedriña que forma parte do grupo de teatro participou no Certame de Teatro Intercentros. Baixo o título Over de rainbow, foron quen de facernos rir e de amosarnos o seu talento interpretativo no Teatro Principal. Parabéns!!!
venres, 11 de maio de 2018
LECTURAS FEMINISTAS
Que mellor xeito de rematar as celebracións polo Día do Libro que cunha charla impartida polo noso alumnado? Meu dito, meu feito. As alumnas de 4º ESO Paula Alfonsín, Alicia Novoa e Carla Penas animaron os seus compañeiros e compañeiras máis novos a ler obras que avogan pola igualdade de xénero. Foi moi interesante!!!
martes, 1 de maio de 2018
VISITA DE BERTA DÁVILA
A última autora coa que tivemos a sorte de contar no Curruncho das Escritoras foi Berta Dávila.
O noso alumnado de 1º Bach tirou proveito da súa visita para entender
mellor O Derradeiro Libro de Emma Olsen e mesmo puido entrevistala. Foi
un verdadeiro pracer tela connosco!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)