Na sección "Voces da Escola" do programa "Voces de Compostela" de Radio Voz en Santiago de Compostela, os nosos mozos e mozas someteron a actriz a unha exhaustiva entrevista, incidindo na súa experiencia laboral e na súa idea do feminismo.
xoves, 30 de novembro de 2017
VOCES DA ESCOLA (RADIO VOZ)
25 DE NOVEMBRO (III)
Para rematar coas actividades que conmemoran o 25N, Chus Vázquez, vicedirectora deste centro, programou tres sesións interactivas nas que Gloria Vázquez e as súas compañeiras da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Superviventes da Violencia de Xénero e/ou Abusos) abordaron a problemática da violencia machista co noso alumnado de 3º ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. Foron moi instrutivas, polo que de seguro repetiremos experiencia.
| | |
venres, 24 de novembro de 2017
25 DE NOVEMBRO (II)
Esta semana estivemos moi atarefad@s coa preparación das actividades do 25N, pero pagou a pena. Intentamos facer a nosa pequena achega recollida neste vídeo. Agardamos que vos guste...
martes, 14 de novembro de 2017
25 DE NOVEMBRO
PROGRAMA
15/11/2017: Durante os primeiros recreos desta semana e da que vén, o noso compañeiro do Departamento de Xeografía e Historia, Rafa Lobelle, estará na aula de usos múltiples coordinando a elaboración de carteis e pancartas para concienciarnos sobre a necesidade de erradicar a violencia de xénero. Tamén se pide a colaboración de toda a comunidade educativa para que engadades un post-it de distintas cores co voso lema en contra da violencia. Animádevos a participar!!!
28/11/2017: Gloria Vázquez, membro da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a defensa de mulleres e nen@s superviventes da violencia de xénero e/ou abusos) impartirá unha serie de charlas interactivas sobre esta problemática. Velaquí o horario:
- 3ºA (10:45 - 11:35)
- FP Básica (11:35 - 12:25)
-1ºD (12:45 - 13:35)
- 3ºB (13:35 - 14:25)
Ademais, durante a vindeira semana os corredores do noso centro servirán de lenzo para expor a escolma de cancións contra o maltrato realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato e coordinada pola nosa compañeira Cristina Quintáns.
Ao mesmo tempo, a nosa compañeira do Departamento de Lingua Galega, Mariló Lagarón, foi a encargada de supervisar a actividade "Chíos contra o maltrato", emulando as mensaxes da célebre rede social. Algúns deles participaron no concurso chíos de twitter contra a violencia de xénero, organizado polo Concello de Lalín.Temos por diante unha semana comprometida con esta causa, polo que precisaremos da vosa axuda. Súmate á xeira!!!
martes, 31 de outubro de 2017
SAMAÍN 2017 (II)
O prometido é débeda. Estamos convencidas de que o noso alumnado de 1º e 2º de ESO cumpriu coa tradición de espantar os malos espíritos polo Samaín. Velaquí a proba:
Estamos moi satisfeitas de como se desenvolveu toda esta festa. Reiteramos o noso agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron connosco no centro, pero tamén ao alumnado e ás súas familias pola súa implicación.
Que pasedes un bo Samaín!!!
luns, 30 de outubro de 2017
SAMAÍN 2017 (I)
Este ano o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística animámonos a celebrar o Samaín no centro. Quixemos que o noso alumnado coñecese a orixe ancestral desta festa polo que elaboramos este vídeo, asesoradas polo noso compi de Xeografía e Historia, Rafa Lobelle:
A nosa alumna de 2º de ESO, Yulia Ovchinnikova, foi a encargada de elaborar o cartel que anunciaba o Samaín. Como pode apreciarse, o resultado foi "terrorífico":
Para levar a cabo esta tarefa, tivo axuda por parte dunhas magníficas colaboradoras: Irene, Iria, Lucía, Rebeca e Silvia, alumnas de 3º de ESO.
Contamos ademais coa inestimable contribución das nosas compañeiras Rosa, Teresa e Vanesa para ambientar o centro:
Por outra banda, o alumnado de 1º de ESO demostrou que ten verdadeiro talento artístico, como pode verse no deseño das súas cabazas. Foron estupendas todas elas!!!
Finalmente, o Departamento de Lingua Galega animou ao alumnado a buscar inspiración no Samaín para redactar os seus relatos curtos. Velaquí o resultado:
O Equipo de Dinamización sentímonos moi arroupadas por toda a comunidade do noso centro, non só por ternos axudado a decorar, senón tamén polos ánimos recibidos. Graciñas. Mañá continuará...
Descarga o álbum completo aquí
martes, 24 de outubro de 2017
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego, co lema: "Aprender a pensar coa biblioteca escolar". No IES Pontepedriña aproveitouse para que o noso novo alumnado de 1º ESO se familiarizase coa biblioteca e tirase proveito dela. Estamos segur@s de que así será.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

