Acompañado polos profes Rosa Aldrey e Javier Benito Torres, o estudando de Economía e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial visitou a Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica rendible e respectuosa co medio ambiente.
venres, 29 de marzo de 2019
mércores, 27 de marzo de 2019
VISITA AO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER
A rapazada de 1º de FP Básica visitou o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, acompañada dos seus profes Dani e Iago HD. Foi unha actividade que gustou moito.
EXPLÍCHOCHE MATEMÁTICAS 2.0
Manuela Pita e Uxía Bravo (3º ESO) presentáronse ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0'! Velaquí o seu fantástico vídeo:
luns, 25 de marzo de 2019
ELAS BRAVAS
O alumnado de 3º ESO participou na actividade chamada Elas Bravas, unha
celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de
creación (directoras, produtoras, actrices…) como a nivel de perspectiva
de xénero nas historias. Tras unha primeira sesión preparatoria no
propio centro, esta semana puido ver varias pezas audiovisuais coas que
poder tomar consciencia sobre o importante papel que ten a muller nesta
industria e que a miúdo pasa desapercibido.
xoves, 21 de marzo de 2019
XXIV EDICIÓN DOS PREMIOS SAN CLEMENTE
Laura Fernández, Alejandro Gómez, Miguel Rego, Sofía Silva, Sara Valle e
Artur Vázquez (1º BACH) representaron o IES Pontepedriña na XXIV
Edición dos Premios San Clemente, na que foron galardoados os escritores
Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang. Por outra banda, Lois Galbán
(2ª BACH) participou na rolda de preguntas sobre a obra da escritora
surcoreana.
luns, 11 de marzo de 2019
CRANIOS PRIVILEXIADOS
Hoxe o noso alumnado de 1º Bach puido gozar do espectáculo teatral de Mofa e Befa
(Producións Teatrais Excéntricas) "Cranios privilexiados... ou crítica
da razón perralleira" a través do cal aprendeu a filosofar dun xeito
distinto.
venres, 8 de marzo de 2019
8M
Tras a exposición de mulleres no mundo da ciencia e aproveitando parte do material audiovisual desenvolvido para o proxecto #21dcgemais,
comezamos unha serie de vídeos dedicados á figura da muller en
distintos eidos, neste caso, no mundo da literatura en Galicia. #8M
A muller na arte galega
A muller na música galega
Para rematar esta serie de vídeos que pretenden reivindicar a figura da muller na sociedade, achegamos unha breve panorámica de grandes figuras no mundo do deporte cuxas xestas pasan moi desapercibidas. Seguimos en loita, compañeiras!!!
E como colofón á conmemoración do Día Internacional da Muller, tivemos a sorte de recibir á mellor futbolista do país, Verónica Boquete, quen animou ao alumnado a loitar polo que quere, deixando de lado os prexuízos. Sen dúbida, foi estupendo poder compartir con ela esta experiencia.
Velaquí as mozas do Pontepedriña loitando polo seu futuro. Que orgullo!👏👏👏👏👏👏
venres, 1 de marzo de 2019
ENTROIDO
Que Entroidazo pasamos!!! Houbo disfraces de todas as cores, comparsas ben armadas e varias actuacións. Podedes velo todo neste vídeo e descargar as fotos premendo no enlace.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)